Asesoramento laboral para empresas, autónomos e particulares

As relacións laborais son un punto clave na xestión empresarial. En Lagestoría acompañámoste na contratación e xestión do persoal, garantindo o cumprimento da normativa e ofrecendo solucións claras para cada situación.

Altas, baixas e modificacións na Seguridade Social

Tramitamos de forma áxil e segura todas as xestións de afiliación, modificación ou baixa de traballadores no sistema da Seguridade Social.

Elaboración de contratos, prórrogas e extincións

Redactamos e xestionamos todo tipo de contratos laborais, incluíndo prórrogas e finalizacións, adaptándonos á normativa vixente.

Redacción de cartas de despido e procedementos

Asesorámoslle na elaboración de cartas de despido e guiámoslle nos procedementos necesarios para garantir seguridade xurídica.

Asesoramento na aplicación de convenios colectivos

Analizamos o convenio colectivo aplicable á súa actividade para garantir a súa correcta implementación en contratos, salarios e condicións laborais.

Xestionamos a confección mensual de nóminas, pagas extraordinarias e liquidacións, garantindo a exactitude nos cálculos e o cumprimento das obrigas legais. Encargámonos da presentación dos seguros sociais e de comunicar calquera incidencia relacionada con baixas médicas, maternidade, paternidade ou accidentes de traballo. Ademáis, axudámoslle a regularizar atrasos salariais ou realizar axustes conforme ás necesidades do persoal.

Como asesoría laboral, xestionamos todas as relacións coa administración pública, aforrándolle tempo e asegurando que cada trámite se realiza correctamente e nos prazos establecidos.

Tramitación de partes no Sistema RED

Comunicacións co SEPE (altas, baixas, ERTES, prestacións)

Asistencia en inspeccións de traballo

Representación ante organismos laborais e sociais

Tramitación de partes no Sistema RED

Comunicacións co SEPE (altas, baixas, ERTES, prestacións)

Asistencia en inspeccións de traballo

Representación ante organismos laborais e sociais

Sexa autónomo, peme ou particular, ofrecémoslle un servizo personalizado segundo a súa situación. Se é autónomo, axudámoslle a xestionar a súa relación coa Seguridade Social ou a contratar persoal. Se é empresa, proporcionámoslle apoio continuado en recursos humanos, estructura de persoal e control de custos. E se é particular, orientámoslle en cuestións laborais como dereitos, prestacións, subsidios ou conflitos coa empresa.

Estamos á súa disposición para resolver dúbidas ou comezar a traballar xuntos. Contacte con nós sen compromiso.

Scroll al inicio