Asesoramento fiscal para cumprir coa lei e optimizar os seus recursos
En Lagestoría acompañámoslle na xestión fiscal da súa actividade con rigor e proximidade. Ofrecemos un servizo integral para empresas, persoas autónomas e particulares, garantindo o cumprimento das obrigas tributarias e axudándolle a tomar decisións intelixentes.
Planificación fiscal
Estudamos a súa situación para ofrecerlle un enfoque fiscal organizado e conforme á normativa vixente. O noso obxectivo é axudarlle a cumprir coas súas obrigas tributarias de forma clara, ordenada e eficiente, coa tranquilidade de contar cun acompañamento profesional en cada paso.
Declaración da renda e xestión de impostos
Presentamos declaracións de IRPF, IVE, pagos fraccionados e imposto de sociedades. Xestionamos a renda con precisión e atención ás deducións, tanto para particulares como autónomos
Tramitación e presentación telemática
Xestionamos todo coa Axencia Tributaria de forma telemática, presentamos modelos, atendemos requerementos e mantemos o seu expediente ao día, evitando erros e atrasos
Representación ante Facenda
Representámolo ante a AEAT en inspeccións, comprobacións ou recursos, respondendo con axilidade e seguridade grazas á nosa experiencia
Sexa persoa autónoma, empresa ou particular, deseñamos un servizo fiscal axustado ás súas necesidades. Atendemos casos puntuais e ofrecemos acompañamento continuo, sempre coa premisa de que a prevención é a mellor forma de aforro.
Contacte connosco e déixese asesorar por un equipo que coñece a normativa, os prazos e as estratexias que mellor funcionan. Axudámoslle a durmir tranquilo.
